O VIII Encontro de Corais da Pobra do Brollón deleitou a decenas de persoas
RibeiraSacraXa
A Casa da Cultura 'Olga Novo' acolleu o VIII Encontro de Corais da Pobra do Brollón, no que se xuntaron as corais polifónicas da Escola municipal Samoeiro, a coral de Quiroga e mais do Centro Artístico Sportivo de Ponteareas.
23 Abr 2024

Cada coral deleitou ao público cunha interpretación de cinco pezas de diversa índole entre as que se contaban temas populares galegas, música sacra, habaneiras e panxoliñas.
O evento rematou coa entrega da man do alcalde Xosé Lois Maceda dunha placa conmemorativa aos directores das dúas corais visitantes: Ángel Viro Caamaño de Ponteareas e Fernando Sanmartino Pérez de Quiroga.