O Verán Cultural de Monforte de Lemos acollerá diferentes actividades ata mediados de setembro

RibeiraSacraXa
O Verán Cultural de Monforte de Lemos acollerá diferentes actividades ata mediados de setembro incluíndo feiras
José Tomé, alcalde de Monforte
26 Xul 2023

O alcalde de Monforte anunciou a programación de verán de 2023, que se desenvolverá do 23 ao 30 de agosto en tres localizacións, que son a Praza da Compañía, a Praza da Estación e a Praza de España; "apostando por darlle protagonismo á actuacións de grupos monfortinos”, indicou José Tomé.

Así, o mércores 23 de agosto terá lugar Cero 2 Cero ás 22.30 horas e Los Ginetes del Trópico ás 00.00 horas na praza da Estación. Pola súa parte, o xoves 24 de agosto será a quenda de Dinosaurios ás 22.30 horas e Doc Magoo's ás 00.00 horas na Praza da Compañía.

Xa o luns, 28 de agosto, terá lugar a actuación de Dúo contrabaixo e voz ás 22.30 horas e Movilla y Los Irrepetibles ás 00.00 horas na Praza da Compañía. O martes 29 de agosto será a quenda de Galga Blues Band ás 22.30 horas e The Poet's Silence ás 00.00 horas na Praza de España.

Por último, o mércores 30 de agosto actuará Bella Chaos ás 22.30 horas, Vera Lynn ás 23.45 horas e El Tarot de Toth ás 01.00 horas na Praza da Estación.

Outras actividades de verán

Ademais da programación de verán, tamén terá lugar en Monforte a Gala de Máxica Galega, que se celebrará o mércores 9 de agosto na praza de España, a partir das 22.30 horas, coas actuacións do Mago Rafa, o Mago Iago e Edu El Mago.

Por outra parte, o Monforte Fusión é "outro dos ciclos que foi novidade o pasado ano e que repite este para darlle pulo á música de fusión, no que a música lixeira, o jazz, o tango, o bolero, a bossa nova, o funky, o soft rock ou o swing son os estilos protagonistas” explicou o alcalde. Este ciclo terá lugar o sábado 29 de xullo na Praza de España cos grupos Javier Cherry Sweet e Kin García Quintet con Antia Muíño.

Ademais destas novidades, no programa de Verán Cultural non faltarán citas que xa son habituais nel como: os paseos en barca polo Cabe durante os meses de xullo, agosto e setembro; a exposición de carteis do XXVIII do Concurso de deseño de carteis das Festas Patronais do 7 ao 24 de agosto; a 23ª Mostra Artelemos, do 4 ao 9 de agosto; o Festival Carude Rock, o 4 de agosto; a Festa da Empanada de Ribasaltas, o 20 de agosto; a XXIV Feira do Libro de Monforte, do 23 ao 26 de agosto; o II Encontro de Palilleiras do Concello de Monforte, o XXII Festival de Habaneras e o Festival do Paradiso, os tres eventos o sábado 2 de setembro; a Xornada Europea da Cultura Xudía, o domingo 3 de setembro; e a Festa do San Mateo o xoves 21 de setembro, que pechará o Programa Cultural de Verán.

0.20011401176453