O tráfico está cortado na Ponte Vella de Monforte mentres se executan traballos de limpeza

RibeiraSacraXa
O tráfico está cortado na Ponte Vella de Monforte mentres se executan traballos de limpeza
31 Maio 2023

O Concello de Monforte, informa de que durante o día de hoxe o tráfico de peóns e de vehículos estará cortado pola Ponte Vella para acometer os traballos de limpeza íntegra do mesmo.

Os traballos de retirada serán levados a cabo pola Brigada Municipal de Parques e Xardíns do Concello.

O corte ó tráfico de vehículos e peóns da Ponte, que será levado a cabo pola Policía Local, manterase mentres duren estes traballos de limpeza.

0.076030015945435