O Sindicato Labrego Galego convoca unha xuntanza e unha mobilización polo sector vitícola

A situación do sector vitícola pola campaña de vendima deste ano é unha preocupación de viticultores e entidades como o Sindicato Labrego Galego.
Por iso, o Sindicato organiza unha xuntanza para viticultoras e viticultores en Quiroga o vindeiro luns, 2 de setembro, a partir das 19.00 horas na Casa da Cultura de Quiroga para tratar este tema e organizarse.
Ademais, tamén convocan unha mobilización para o venres, 6 de setembro, neste caso en Monforte de Lemos, diante do Consello Regulador, a partir das 12.00 horas, onde as persoas que se unan pedirán a recollida de toda a uva a prezos xustos.