Os Cantos de Taberna do Saviñao terán lugar o vindeiro 29 de marzo

RibeiraSacraXa
O Saviñao acollerá a primeira edición dos Cantos de Taberna o vindeiro 29 de marzo ás 18.
Cantos de Taberna A Pobra do Brollón 4
6 Mar 2024

O Saviñao acollerá a primeira edición dos Cantos de Taberna o vindeiro 29 de marzo ás 18.00 horas e xa está aberto o prazo para inscribirse.

Desta maneira, os grupos de música interesados en participar poderán inscribirse ata o vindeiro 25 de marzo e dinamizar a vila e aos veciños.

Os bares participantes son Os Campeliños, A Maruxa, O noso Lar, Moderno, Unión, Indalo, O Rincón e Avenida.

Tras a celebración da música a través dos grupos de música tradicionais, haberá pinchos para os grupos e participantes e unha gran foliada na carpa do Concello.

0.090965986251831