O Saviñao acolle este sábado a obra teatral Perfectos Descoñecidos, do grupo Viraventos
O municipio do Saviñao acolle este sábado 3 de decembro ás 18.00 horas na Escola Vella de Currelos, a representación da obra Perfectos Descoñecidos, da man do grupo teatral Viraventos.
Esta comedia dirixida a tódolos públicos é unha adaptación que realiza a súa directora, Eva Ferreira, da obra homónima de Paolo Genovese.
Cunha duración total de 60 minutos, a obra Perfectos Descoñecidos conta a historia dun grupo de amigos que durante unha cea, vense envoltos nunha serie de embarazosas situacións ó aceptar a proposta dunha das convidadas. Esta propón xogar a ler en voz alta todas as notificacións, mensaxes e correos que cheguen ós seus teléfonos móbiles.
As personaxes decátanse do perigoso do xogo que acaba por desenmascarar as verdadeiras relacións dos asistentes.
O grupo de teatro Viraventos, está formado por persoas con gran paixón polo teatro e gañas de desfrutalo, ben sexa vivíndoo ou ben representándoo. Entre outras obras da súa representación atópase tamén A Lenda da Corona Ardente.