O Quiroga Trail Challenge Land celebra a súa décima edición en febreiro
RibeiraSacraXa
Os vindeiros 24 e 25 de febreiro volve o Quiroga Trail Challenge Land, que celebra a súa décima edición con dous trails divididos en dúas xornadas.
10 sep 2023
Os vindeiros 24 e 25 de febreiro volve o Quiroga Trail Challenge Land, que celebra a súa décima edición con dous trails divididos en dúas xornadas.
Así, o día 24 terá lugar o Trail do Castelo, coa Ultra, a proba máis dura que contará cun percorrido de 90 quilómetros, pero tamén haberá alternativas de 62 quilómetros, a Maratón de 41, outro Trail de 29, o minitrail de 17 e a andaina de 17.
Pola súa parte, o domingo 25 será a quenda do Trail do Lor, no que haberá que discorrer 29 quilómetros no Trail ou 16 no minitrail.
As persoas que quieran participar poderán facelo, xa que xa está aberto o prazo de inscrición e deberán darse présa, xa que o ano pasado chegaron aos 1.100 corredores e no 2022 foron 1.300.