O primeiro curso de orientación en montaña de Coureleando rematou cun gran éxito entre os participantes
RibeiraSacraXa
Unha decena de participantes aprenderon durante a pasada fin de semana a manexar mapas, compás e a orientarse polo monte ante calquera tipo de climatoloxía
Participantes do curso de orientación en montaña de Coureleando
22 Jan 2025
Coureleando, en colaboración con Casa Caselo de Paderne do Courel, organizou esta pasada fin de semana o primeiro curso de orientación en montaña para todo tipo de climatoloxía.
Durante a actividade, os participantes aprenderon a manexar mapas, compás, a orientarse polo monte, técnicas de seguridade e planificación e algunhas aplicacións para móbiles útiles nas actividades de montaña. O curso combinou actividades teóricas e prácticas, incluíndo actividades pola noite para completar a formación.
O guía de montaña Guillermo Díaz foi o encargado de impartir este curso que celebrou a súa primeira edición acadando un gran éxito entre as persoas participantes.