O prezo medio dos animais foi de 2.300 euros na poxa organizada por Acruga en Folgoso do Courel

RibeiraSacraXa
O deputado de Medio Ambiente, Carlos López, participou este sábado na poxa de xovencas de raza Rubia Galega organizada por Acruga no recinto feiral de Seoane do Courel no Concello de Folgoso do Courel.
poxa Acruga Folgoso do Courel
5 May 2024

O deputado de Medio Ambiente, Carlos López, participou este sábado na poxa de xovencas de raza Rubia Galega organizada por Acruga no recinto feiral de Seoane do Courel no Concello de Folgoso do Courel.

A Deputación de Lugo levou tres exemplares procedentes do centro de recría da Granxa Gaioso Castro á cita gandeira, que concentrou a un bo número de gandeiros e gandeiras da provincia, do resto de Galicia e doutras comunidades, como Asturias ou Castela.

O prezo medio dos animais nesta poxa e cuarta edición da feria de gando, foi de 2.300 euros e o máis elevado ascendeu a 2.400 euros. O primeiro dos exemplares adxudicouse en 2.400 euros, mentres que as outras dúas xovencas vendéronse en 2.300 euros. Estes animais irán parar a explotacións de Sarria, Cervantes e Pedrafita do Cebreiro.

0.15845704078674