O prazo das axudas ao transporte universitario e aos ciclos de formación monfortinos remata o día 29

RibeiraSacraXa
O prazo para xustificar as axudas ao transporte universitario e aos ciclos de formación remata o vindeiro 29 de xullo
estudantes libros mozos adolescentes estudo exames universidade
21 Xul 2022

O Concello recorda que o prazo para xustificar as axudas ó transporte do alumnado universitario e de ciclos de formación remata o vindeiro 29 de xullo.

A contía destinada a estas subvencións polo Concello monfortino foi de 20.000€,  6.000€ máis que no pasado ano, e están destinadas a sufragar gastos de transporte do período comprendido entre setembro de 2021 e ata xullo de 2022.

O Alcalde, José Tomé Roca, indica que 'con esta liña de axudas, que incrementamos en 6.000 euros con respecto ó mesmo período do ano anterior, dende o equipo de Goberno contribuímos a facilitar os desprazamentos daqueles estudantes monfortinos que cursan estudos fora do noso concello, ben sexa no ámbito universitario, ben noutro tipo de disciplinas que non se ofertan na nosa cidade'.

O prazo para a xustificación destas axudas por parte das persoas que as solicitaron, remata o venres 29 de xullo.

Poden optar a estas axudas para os gastos de transporte público ás distintas universidades o alumnado universitario empadroado no Concello de Monforte, así como o alumnado de ciclos medio e superior de Formación Profesional e Bacharelato que teñan que desprazarse fóra do Concello de Monforte, por non existir oferta formativa do ciclo ou bacharelato elixido neste municipio, ou non ter obtido praza na oferta local no curso.

TRÁMITES REQUERIDOS

Para percibir estas axudas os beneficiarios deberán presentar os billetes ou bonos do medio de transporte utilizado no que consten, de forma lexible, a data do billete ou bono, o percorrido e o importe da viaxe ou factura da empresa de transporte utilizado. O percorrido referirase ó transporte dende Monforte ata o lugar no que se realice o curso, calquera variación na ruta seguida deberá explicarse na xustificación.

Non se admitirán billetes ou bonos correspondentes ó transporte urbano do lugar no que se realicen os estudios, nin tamouco billetes ou bonos deteriorados, ilexibles ou nos que non conste a data de emisión. Así mesmo tampouco se admitirán billetes correspondentes a festivos ou vacacións segundo o calendario académico.

Procederá o reintegro das cantidades percibidas e a esixencia do interese de demora, desde o momento do pago da subvención nos casos e de conformidade co establecido no artigo 37 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións.

Os alumnos beneficiarios desta axuda obríganse a facilitar canta información lles sexa requirida pola Intervención deste Concello e, en particular, a obriga de asumir os extremos regulados no artigo 14 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións.

0.18669009208679