O PP de Monforte pon de relevo a necesidade de limpar a rede de sumidoiros durante o verán
Os concelleiros do Grupo Municipal Popular de Monforte defenderon no pleno de onte varias iniciativas para que os monfortinos teñan uns servizos de calidade, en lugar “da estratexia do engano e dos titulares” de José Tomé.
A voceira popular, Katy Varela, insistiu na necesidade de limpar a rede de sumidoiros de Monforte durante o verán para que, no caso de que cheguen fortes treboadas non haxa ningún obstáculo que os tapone e así poidan evacuar correctamente a auga. Uns traballos que se deberían de realizar periodicamente pero que “semella non sucede así” polo que “seguramente será máis complicado de realizar se o goberno local segue a deixar pasar o tempo”.
A realidade é que da rede de sumidoiros emanan moitas veces “cheiros desagradables” polo que “todo apunta a que hai moito tempo que non se realiza a limpeza”. Katy Varela explica que tamén se reiterou a necesidade de retirar o cartel que o goberno local colocou na Compañía e no que se anuncian unhas obras que o propio José Tomé xa anunciou que “non se van a realizar”. “Deixan o cartel para tentar enganar aos veciños, pero a realidade é que non se vai a investir o 1.729.453 euros anunciado”, recordou.