O PP de Monforte pídelle ao Goberno local que se fagan os traballos de desbroce

RibeiraSacraXa
Din: "Agardamos que nos próximos días o alcalde corrixa esta situación, xa que mantén Monforte nun estado de abandono que non imos a permitir”
PP-Monforte-campo-da-feira
28 Xuño 2024

Os concelleiros do PP de Monforte destapan “unha nova mentira” de José Tomé que, nos plenos de abril e maio a preguntas do Grupo Popular, afirmara que Monforte estaría desbrozado ao remate de xuño pero “non moveu nin un dedo”.

A voceira popular, Katy Varela, explica que "xa estamos en pleno verán e con temperaturas en Monforte que superan practicamente a diario os 30º, polo que esta debería ser unha das preocupacións do alcalde, por seguridade para evitar posibles incendios”.

Neste senso, os concelleiros populares estiveron recentemente en Piñeira, tras recibir numerosas queixas dos veciños, xa que hai eivas como que a zona peonil da estrada principal, de titularidade provincial, “está sen desbrozar, ocupando a maleza a beirarrúa e a beiravía, impedindo o paso dos peóns” nunha parroquia moi poboada e moi próxima a unha zona escolar e deportiva.

Nunha situación semellante están moitas outras parroquias polo que “agardamos que nos próximos días o alcalde corrixa esta situación, xa que mantén Monforte nun estado de abandono que non imos a permitir”.

0.15952301025391