O PP de Monforte pedirá no pleno unha campaña de concienciación de patinetes en zonas peonís
O PP de Monforte pedirá no pleno unha campaña de concienciación e vixilancia da circulación de patinetes en zonas peonís. Segundo a Agrupación Municipal do Partido Popular de Monforte de Lemos, están a recibir cada vez máis queixas dos veciños polos inconvenientes do continuo uso de patíns, patines e monopatíns nas zonas peonís, condutas que poden resultar moi perigosas para persoas mais vulnerables ou con problemas de mobilidade.
A voceira popular Katy Varela destaca debido a este tipo de situacións pedirán que o Concello de Monforte leve a cabo unha campaña de concienciación e vixilancia da circulación dos enxeños mecánicos definidos na ordenanza de Tráfico nas zonas peonís. “Consideramos que é preciso concienciar á poboación dos riscos que entraña circular con este tipo de vehículos en zonas non autorizadas a tal fin, algo para o que o goberno local debe actualizar, á maior brevidade posible, a ordenanza de tráfico coas modificacións introducidas no ano 2021”, indicou.
En agosto de 2021 publicouse no BOP de Lugo a redacción definitiva das modificacións levadas a cabo na ordenanza de tráfico de Monforte, na que destaca precisamente o artigo 38 en relación a este tipo de enxeños mecánicos:
- Artigo -38- Circulación doutros tipos de enxeños mecánicos
- Considerásense como tales aos enxeños mecánicos sen motor, (patines, patinetes, monopatíns e similares, e aos de motor eléctrico como os patines eléctricos, segways e análogos debidamente homologados e autorizados conforme á normativa vixente.
- Non poderán circular pola calzada, polo que transitaran unicamente polas beirarrúas e areas peonís ou de prioridade peonil tendo en conta a limitación establecida no punto 3 seguinte. No seu tránsito deberán acomodar a súa marcha á dos peóns, evitando en todo momento causar molestias ou crear perigo e en ningún caso gozarán de prioridade respecto de os peóns.
- Só poderán transitar cando non se dea aglomeración peonil, entendendo que hai situación de aglomeración cando non sexa posible conservar 1 metro de distancia entre os aparellos de mobilidade persoal e enxeños mecánicos sen motor e os peóns durante a súa circulación.
- Con estes aparellos de mobilidade persoal e enxeños mecánicos non se pode circular sobre o mobiliario urbano, tales como bancos, varandas ou similares, nin sendo arrastrados por outros vehículos.
Katy Varela explica que hoxe en día moitos usuarios deste tipo de vehículos de mobilidade persoal segue a circular por zonas peonís sen reparar si existen aglomeracións ou non, ou si se se conserva ese metro de espazo que esixe a norma. “Non sabemos se é por descoñecemento da modificación ordenanza, porque esta modificación non consta no espazo de ordenanzas e regulamentos da sede electrónica municipal ou porque non se realiza unha correcta vixilancia deste tipo de condutas, polo que urxe que se tomen as medidas precisas para garantir a seguridade dos peóns e así evitar posibles accidentes non desexados”, finalizou.