O PP de Monforte pedirá no pleno a mellora da parroquia de Chao do Fabeiro

RibeiraSacraXa
O PP de Monforte defenderá no pleno que o Goberno local dote dos servizos básicos á parroquia de Chao do Fabeiro e pedirá que se mellore a sinalización da parroquia, realice o desbroce das vías que a percorren e que se fagan os traballos oportunos para achegar a fibra óptica.
Vistas barrios e parroquias PP Monforte
18 Abr 2024

O PP de Monforte defenderá no pleno que o Goberno local dote dos servizos básicos á parroquia de Chao do Fabeiro e pedirá que se mellore a sinalización da parroquia, realice o desbroce das vías que a percorren e que se fagan os traballos oportunos para achegar a fibra óptica.

O concelleiro Jose Luis Rodríguez explica que os veciños das parroquias pagan impostos ao igual que o resto de veciños do municipio polo que teñen o mesmo dereito a contar cos mesmos servizos básicos e oportunidades. “Non queremos monfortinos de primeira e de segunda, queremos que todos teñan as mesmas oportunidades”.

Deste xeito, os populares defenderán que nesta parroquia, o Concello de Monforte realice o arranxo de todos os problemas de asfaltado das vías e o desbroce dos camiños. "Tamén é fundamental dar unha solución aos problemas de abastecemento de auga e saneamento, mellorar a sinalización da parroquia (especialmente a que hai dende o desvío da estrada provincial LU-P-30202) e que se dote de fibra óptica a esta zona".

Para os concelleiros populares “é fundamental coidar aos veciños das parroquias do rural, algo que non se está a facer dende este goberno local, que no se preocupa por realizar un mantemento e tarefas de conservación axeitadas”. Jose Luis Rodríguez ve “un enorme abandono” da zona rural polo equipo de goberno de José Tomé, “tal e como poñen de manifesto constantemente os veciños de todas as parroquias”.

0.1799840927124