O PP de Monforte denuncia problemas de abastacemento de auga no polígono de Reboredo
Os concelleiros do PP de Monforte denuncian problemas co subministro e auga potable no municipio, “unha competencia exclusiva do goberno local que, queda claro, néganse a atender de xeito adecuado”, segñundo explican.
Katy Varela sinala que nesta ocasión o problema afecta a Prodeme, unha asociación do eido social que construíu varias naves no polígono de Monforte para as que solicitaron a conexión á rede de auga municipal hai máis de 20 meses pero que “a día de hoxe aínda non teñen este servizo básico”.
O PP denuncia que dende a dirección da asociación aseguran estar “cansos deste trato aos que os somete o alcalde José Tomé”, e que incluso colgaron un cartel na fachada dunha das naves para denunciar a situación. “No cartel pódese ler: Estamos sen auga da traída municipal”.
Unha “triste realidade”, din, que se comparte con outra situación “preocupante” como é “a falta de presión de auga nesta área industrial de Monforte”. De feito, aseguran que empresarios do polígono confirmaron problemas habituais derivados desta falta de presión, así como que as bocas de incendios “atópanse sen sinalizar e moitas non funcionan”. “Oxalá non teñamos que lamentar desgracia algunha no caso de que sexa necesario empregar estas bocas para emerxencias”, sinalan.
“Un problema que se engade aos habituais no casco urbano, así como nas parroquias, onde os cortes nos subministro polas roturas das tubaxes, así como a ausencia de conexión á rede son problemas cos que temos que convivir os monfortinos a diario”. “Queda patente”, segundo os populares, “que para Tomé a auga non é un asunto prioritario, xa que do contrario tería dotado de saneamento e abastecemento a aquelas zonas que carecen destes servizos básicos, así como renovaría a rede para evitar roturas”, denuncian.