O PP de Monforte defenderá no vindeiro pleno unha moción para o embelecemento urbanístico da cidade

RibeiraSacraXa
Trala celebración da comisión previa ao pleno na que se informou, desde o equipo de Goberno, de que no vindeiro pleno do luns aprobarase a modificación da ordenanza de tráfico no relativo ás entradas de vehículos nas zonas peonís, a voceira popular en Monforte, Katy Varela, acompañada dos concelleiros do Grupo Municipal Popular, sostivo que se fai isto “pese ás numerosas queixas que está producir entre a veciñanza de Monforte, especialmente entre os autónomos e comerciantes”, explica Varela.
Katy Varela Monforte de Lemos
21 Feb 2024

“Lamentablemente, o equipo de Tomé desestimou as nosas alegacións para tentar flexibilizar esta modificación e dar facilidades ao traballo de autónomos e comerciantes”, explicou Katy Varela. Baixo o seu punto de vista, “José Tomé está a equivocarse” ao negarse a flexibilizar estas modificacións da ordenanza.

As alegacións que presentaron dende o PP de Monforte incluían a eliminación das franxas horarias para a entrada de residentes, comerciantes da zona e autónomos. Non poden estar limitada a súa actividade a cinco horas o día; a autorización á entrada aos residentes da zona que, sen ter unha praza de garaxe, puideran acceder co seu vehículo para labores de carga ou descarga; e a implantación dunha aplicación móbil de control de entrada e saída para evitar posibles fraudes ou excesos.

A necesidade de coidar o casco histórico

Dende o PP de Monforte ven necesario coidar todos os barrios da cidade, pero “especialmente o casco histórico”, explica Katy Varela, que di que entre estas limitacións que vai a aprobar José Tomé e a implantación das cámaras de vixilancia: “Moito nos tememos que se danará gravemente aos negocios ao poñerlles tantas dificultades para realizar a súa actividade profesional”.

Neste senso, o Grupo Municipal Popular defenderá no pleno do luns unha moción para que o Concello de Monforte poña en marcha un plan de actuación para o embelecemento urbanístico da cidade: “Vemos como cada vez hai máis casas abandonadas que, ademais de afear a cidade, supoñen un risco para a seguridade”, sinalou.

Katy Varela tamén realizou un apunte sobre a retroactividade das sancións, facendo referencia a un informe do secretario do Concello de Monforte: “Dende o PP de Monforte tiñamos razón cando insistimos na retroactividade das sancións, polo que instamos a José Tomé o propio Concello de Monforte comece a estudar todas as sancións impostas e que poden acollerse a este extremo”, finalizou.

0.16785287857056