O Pleno de Monforte aprobou mocións relacionadas co ensino de calidade

RibeiraSacraXa
Por outra parte, a moción do grupo municipal do BNG relativa á situación do sector vitivinícola na Ribeira Sacra foi aprobada por unanimidade
casa-concello-monforte
1 Out 2024

O Pleno da Corporación municipal de Monforte deixa moitas aprobacións, como a da acta da sesión do 29 de xullo, o expediente de modificación de créditos, a corrección do erro da ordenanza do imposto de construcións, instalacións e obras; a bonificación do imposto de construcións, instalacións e obras e a solicitude de declaración de interese turístico da Feira Medieval de Monforte de Lemos.

Por outra banda, durante o Pleno interveu a ANPA do IES Río Cabe a través da voceira, Diana Nogueira Janeiro, na que se propón un ensino de calidade. Esta foi aprobada, así como tamén se debateu neste punto a moción de Espertamonforte en defensa do ensino público no interior galego, que tamén foi aprobada.

Porén, a outra moción que levou Espertamonforte a Pleno sobre o soterramento do cableado e retirada dos paus de luz do medio das rúas foi rexeitada polos votos en contra do PSOE.

Por outra banda, foi aprobado o manifesto da FEMP co motivo do día internacional contra a explotación sexual e o tráfico de mulleres, nenas e nenos.

Con respecto á moción do PP en relación a Sogama, foi rexeitada polos votos en contra do PSOE e do BNG, mentres que, en relación con esta, aprobouse a moción dos socialistas sobre a reclamación á Xunta de Galicia medidas para evitar a suba da taxa de tratamento de lixo. 

Finalmente, a moción do grupo municipal do BNG relativa á situación do sector vitivinícola na Ribeira Sacra foi aprobada por unanimidade.

0.092720031738281