O Pazo de Tor acollerá en setembro un obradoiro sobre o tempo

RibeiraSacraXa
En tempo presente estará a cargo de Violeta Bronstein e Leonardo Casado
obradoiro-colectivo-pazo-de-tor
Cartel
27 Jul 2024

O Museo do Pazo de Tor, en Monforte, acollerá o día 2 de setembro o obradoiro En tempo presente, da man de Violeta Bronstein e Leonardo Casado.

Trátase dunha experiencia colectiva e un espazo de reflexión-acción para abordar o concepto de tempo e as súas condicionantes na xestión de proxectos, prácticas educativas e investigacións en museos e espazos culturais.

Terá lugar de 10:30 a 18:30 e a inscrición xa está aberta.

Esta proposta sigue o fío de Estratexias de Museoloxía Social, o programa da Rede Museística Provincial de Lugo baixo o título Investigar e aprender no Museo: outro tempo.

Este programa comezou en n abril cun ciclo de conversas con profesionais referentes do eido museístico iberoamericano. O día 18 de maio, coincidindo co Día Internacional dos Museos, publicáronse as conversas na web da Rede Museística Provincial de Lugo, onde poden escoitarse.

Polas súas características este obradoiro ten prazas limitadas polo que se recomenda facer a inscrición o antes posible.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18110799789429