O Partido Popular de Quiroga presentou a lista que conforma a súa candidatura ás eleccións

RibeiraSacraXa
O Partido Popular de Quiroga presentou a lista que conforma a súa candidatura ás eleccións do vindeiro 28 de maio
PP Quiroga
5 Maio 2023

O PP de Quiroga presentou nun acto público na Casa da Cultura de Quiroga a súa candidatura ás vindeiras eleccións do 28 de maio, arroupados polo conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, o coordinador xeral do Partido Popular de Lugo, José Manuel Balseiro, a deputada autonómica, Raquel Arias, o alcalde actual de Quiroga, Julio Álvarez e outras personalidades.

Durante o acto explicaron que o equipo está formado por "xente nova, cosmopolita e ilusionada para que Quiroga siga o camñio trazado desde hai anos e continúe sendo referente social e cultural da nosa comarca".

En canto ao seu programa, presenta un amplo programa "que potencia aínda máis o sector turístico de Quiroga, eixo vertebrador da economía de Quiroga, a conciliación familiar, a reivindicación da mellora das infraestruturas para que Quiroga estea mellor comunicada, entre outras cousas".

A lista está composta polo alcaldable, José Manuel Pol, así como por ana Lucía Nogueira Marcos, Adrián González Losada, María Dolores Sánchez Durán, José Ángel Rodríguez Raposo, Andrés Campo García, José Manuel González  Lemos, Raúl Carballedo Rodríguez, María del Carmen Casanova Ferreiro, Pilar Diéguez González, Zaneta Voronicova Voronicova, Emilio Castro Pérez, Vicente Rodríguez Vila e María José  Álvarez Delpont.

0.19332504272461