O Museo Pazo de Tor acolle en marzo as III Xornadas Pacegas, centradas na muller
A Rede Museística Provincial de Lugo organiza os vindeiros 2, 3 e 4 de marzo no Museo Pazo de Tor de Monforte a terceira edición das Xornadas Pacegas: Conflitividade feminina, herdanza e patrimonio: Caldaloba, Narla e Tor.
Nesta edición, as protagonistas serán tres mulleres, Catarina de Santiso, Constanza de Castro de María Paz Taboada, a través das cales repasarase a historia de Narla. Caldaloba e Tor.
Estas xornadas científicas son encontros dialogados e abertos arredor da civilización dos pazos e fortalezas e nos que trenzar a colaboración entre universidade, museos e entidades sociais para que o coñecementos académico saia á rúa.
Así, participarán deste evento Maite Ferreiro, da Deputación de Lugo; Encarna Lago, xerente da Rede Museística Provincial de Lugo; Dolores López, da Asociación Carballo Vivo, Alberte Ansede, presidente da Fundación e Casa-Museo Manuel María, Antón Meilán, catedrático da Universidade de Oveido; Simón Vicente, auxiliar da Rede Museística; Mónica Fernández, profesora na USC; Raquel Iglesias, doutora en Historia; Tamara González, profesora na UDC; e Ana Sixto, profesora na USC.
As persoas que estean interesadas en participar, terán que mandar unha mensaxe ao correo concertacionsrmp@gmail.com e a Rede Museística poñerá a disposición das persoas asistentes un servizo de autobús desde Lugo.