O mercado gandeiro de Chantada acollerá a presenza dunha unidade móbil da ITV

RibeiraSacraXa
Será durante 12 días, do 10 ao 22 de outubro, cando as persoas interesadas poderán dispoñer deste servizo en Chantada
itv
25 sep 2024

A Unidade Móbil 1 de inspección técnica de turismos achegarase ao Concello de Chantada desde o vindeiro 10 ao 22 de outubro, localizándose no mercado gandeiro.

Desta maneira, terá un horario de atención de 09.00 a 13.00 horas pola mañá e de 15.15 a 18.00 horas pola tarde. Porén, os días 18 e 22 só terá horario de mañá.

Todas as persoas interesadas en solicitar unha cita deberán facelo a través do teléfono 902 905 054 ou na páxina web www.sycitv.com.

0.1863808631897