O IES de Quiroga acolle unha charla sobre prevención de adiccións da man do psicólogo Manuel Isorna
RibeiraSacraXa
Dende o Instituto de Educación Secundaria de Quiroga organízase unha charla dirixida a todas as familias e para o profesorado sobre prevención de Adiccións con e sen substancia nos adolescentes, e as claves para entender e educar desde a familia na era dixital.
11 Mar 2024

O tema principal da charla, que terá lugar este mércores, 13 de marzo, versará sobre como falar con eles e elas en relación ás drogas e o uso problemático das novas tecnoloxías.
Así, a partir das 19.00 horas no IES de Quiroga Manuel Isorna, profesor da Facultade de Ciencias da Educación na Universidade de Vigo e psicólogo experto en prevención escolar e comunitaria, será o encargado de guiar a iniciativa.