O IES A Pinguela conta cunha nova homenaxe polos seus 40 anos da man de Eugenio Linares

RibeiraSacraXa
O artista creou un moucho a través da talla en madeira con motoserra
Escultura-en-motoserra-no-IES-A-Pinguela
27 May 2024

Eugenio Linares realizou unha exhibición de talla en madeira no IES A Pinguela onde demostrou as súas habilidades de escultor coa motoserra.

Desta maneira, durante toda unha mañá, distintos grupos puideron aprender unha técnica para eles descoñecida que o creador asturiano e veciño de Tuiriz, en Pantón, lles foi explicando e que rematou nun novo habitante no noso centro, un moucho lector
que inspirará aínda máis sabedoría ao alumnado.

"Damos a benvida a este novo tótem académico e tamén moitas gracias a Eugenio por traérnolo neste 40 aniversario do instituto para o noso xardín botánico", destacaron desde o centro educativo.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.20254516601562