O grupo de música Cuarta Xusta actuará no Correlingua que se celebra en Monforte
Esta mañá, ás 11.00 horas, e no Parque dos Condes de Monforte, comezará o Correlingua cunha marcha percorrendo as rúas de Monforte.
Oito centros de Monforte e da contorna do Val de Lemos participarán desta iniciativa que, ademais de música, recupera as marchas a favor da lingua, realizando un percorrido polo casco histórico monfortino.
Así, ás 11.00 horas o alumnado participante subirá a San Vicente do Pino (Praza de Góngora), percorrerá o casco histórico ata a Praza de España, a rúa do Carteal e volverá ao parque dos Condes.
Ao chegar alí, ás 12.00 horas, terá lugar a presentación de Fran Rei do grupo de música Cuarta Xusta, que actuará despois da lectura do manifestó elaborado polo alumnado do IES A Pinguela.
Centros educativos participantes
Participan deste evento o IES Daviña Rei, o IES Río Cabe, o IES A Pinguela e o CEIP A Gándara, todos estes de Monforte, e o CPI Poeta Uxío Novoneyra, de Folgoso do Courel; o IES de Quiroga, o CEIP Ricardo Gasset, do Incio, e o CPI Doutor López Suárez, do Saviñao.