O goberno local de Taboada promove contactos para poñer en valor o patrimonio do municipio

RibeiraSacraXa
O alcalde de Taboada, Roi Rigueira, e a concelleira de Turismo, María José Poyán, participaron nunha xuntanza con integrantes do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra, entre as que se atopaba a súa xerente, Alexandra Seara, e tamén o veciño taboadés, Francisco Xabier Almuiña, propietario do establecemento de turismo rural Casa do Romualdo.
turismo Taboada
21 sep 2023

En dita reunión plantexáronse as distintas oportunidades e o gran potencial que ten o Concello no eido do turismo, e trazáronse as liñas mestras de cal debe ser a estratexia a seguir para poñer en valor o patrimonio.

Todo isto co obxectivo de seguir mellorando o turismo de Taboada e promover que cada vez máis persoas se interesen pola cultura, os costumes, as tradicións e as iniciativas deste municipio.

0.16418600082397