O Goberno local de Monforte aclara que non se están facendo controis da calidade da auga e pide precaución

RibeiraSacraXa
O Concello de Monforte informa aos veciños e veciñas da cidade que, segundo chamadas recibidas na centraliña de dito Concello por parte de veciños, parece ser que hai xente facendo controis polas casas sobre o estado da calidade de auga.
monforte rua comercio
monforte rua comercio
26 Feb 2024

O Concello de Monforte informa aos veciños e veciñas da cidade que, segundo chamadas recibidas na centraliña de dito Concello por parte de veciños, parece ser que hai xente facendo controis polas casas sobre o estado da calidade de auga.

Dende o Concello infórmase que non se está facendo ningún tipo de control ou análise destas características en relación coa auga, nin por parte de persoal do Concello de Monforte nin por parte da empresa Aqualia, polo que lles piden que teñan precaución.

0.17946696281433