O documental 'María Casares: A muller que viviu mil vidas' chega ao Concello da Pobra do Brollón
O mellor documental nos últimos Premios Mestre Mateo, 'María Casares: A muller que viviu mil vidas', chega o vindeiro domingo 15 de outubro á Pobra do Brollón.
A proxección da peza dirixida por Xavier Villaverde comezará ás 19.00 horas na Casa da Cultura Olga Novo. A cinta é a seguinte proxección do Ciclo Mestre Mateo, que promoven a Academia Galega do Audiovisual e a Deputación de Lugo para achegar as longametraxes de ficción e os documentais finalistas dos premios do audiovisual aos concellos da provincia
A produción ofrece unha aproximación íntima e profunda á vida desta muller extraordinaria e realiza unha homenaxe desde a súa Galicia natal, comunidade á que nunca esqueceu. No primeiro centenario do seu nacemento, recorda a unha figura cegadora, magnética e fundamental nas artes escénicas da Europa do século XX.