O director de cine Andrés Goteira imparte un curso de rodaxe no Courel

RibeiraSacraXa
O director de cine Andrés Goteira imparte un curso de rodaxe no Courel e as persoas que queiran apuntarse poden facelo ata o 15
Andres Goteira
13 Mar 2023

Lugo Cultural organiza un taller como actividade complementaria do evento Findecurta.

Así, esta iniciativa consistirá nun curso de rodaxe impartido polo director de cine Andrés Goteira durante 4 xornadas inmersivas, do 1 ao 4 de abril, cun obxetivo experimental en Folgoso do Courel.

Durante este evento, os participantes participarán de rodaxes libres relacionadas con aquelo que os rodea.

Desde Lugo Cultural defenden que “é un tempo para a técnica, para a creación, para a improvisación e para desvincularse da razón”.

Así, din que “non é un taller de artesanía ou técnica audiovisual, é un taller de búsqueda de sons, de imaxes, de emocións e de miradas propias”.

As persoas interesadas en participar terán que pagar unha taxa xeral de 300 que quedará en 240 se se fai a matrícula antes do 15 de marzo.

Para as persoas universitarias, o prezo será de 250 euros,190 facendo a matrÍcula antes do 15 de marzo).

No prezo esta incluido o curso, aloxamento e comidas.

Para máis información e matrículas, é necesario mandar un correo á dirección cultura.lugo@ usc.gal

Curso de rodaxe O Courel
0.22403001785278