O Día do Libro trae diversas actividades para todos os públicos a Sober
A Biblioteca Pública Municipal de Sober organiza diferentes actividades con motivo do día do libro, que é o 23 de abril.
Así, durante todo o mes de abril as persoas interesadas poderán desfrutar de diferentes iniciativas relacionadas coa lectura.
Para comezar, o mañá, 14 de abril, terá lugar un obradoiro dos libros con merendas con contos.
Xa o 18 de abril, martes, haberá un obradoiro dos libros baixo o nome de ‘Un libro un agasallo’ e tamén haberá un club de lectura pintor de Castinande.
O venres 21 de abril, dous días antes da conmemoración do Día do Libro terá lugar un mercado de contos e outra merenda de contos.
E, para finalizar este mes do libro, o 25 de abril farase unha visita a Allariz e terá lugar o club de lectura Pintor de Castinande.