O delegado do Goberno en Galicia puxo en valor a adxudicación de 11 millóns de euros para rehabilitar a N-540

RibeiraSacraXa
O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, destacou o impulso histórico do Goberno de Pedro Sánchez na rede viaria estatal da provincia de Lugo, cun investimento total que supera os 330 millóns de euros nos últimos catro anos.
delegado do Goberno en Taboada
26 Feb 2024

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, destacou o impulso histórico do Goberno de Pedro Sánchez na rede viaria estatal da provincia de Lugo, cun investimento total que supera os 330 millóns de euros nos últimos catro anos.

Así o confirmou nunha visita ao concello de Taboada xunto co alcalde, Roi Rigueira, e a subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, que se desprazaron ata a N-540 para poñer en valor a adxudicación por 11 millóns de euros da rehabilitación do firme, chave para a mobilidade da zona.

Pedro Blanco subliñou que con esta aposta “imos corrixindo progresivamente o déficit que arrastraba desde hai moitos anos a rede de estradas en Lugo polo deixamento e abandono de anteriores administracións”, reafirmando que só en conservación e mantemento “se levan investido máis de 214 millóns de euros desde o ano 2019”.

Nesta liña, reafirmou dúas actuacións importantes para a provincia como a formalización dun contrato de máis de 14 millóns de euros para a conservación de estradas en Lugo, así como a adxudicación de 11 millóns de euros para a rehabilitación do firme da N-540, “unha actuación moi demandada que resolverá os problemas graves de deterioro que vén arrastrando”.

En definitiva, o delegado do Goberno defendeu que o impulso dos investimentos en estradas de Lugo “acada niveis nunca antes vistos, demostrando con feitos que hoxe Lugo e tamén Galicia contan cun Goberno que aposta claramente pola modernización das nosas infraestruturas, evidenciando que son territorios prioritarios na súa axenda”.

Do investimento total de 330 millóns de euros, Pedro Blanco sinalou que “70 millóns de euros foron adxudicados no último ano co fin de aumentar a cohesión territorial, facilitar a mobilidade e potenciar a seguridade viaria, e con este compromiso imos continuar os próximos 4 anos”, rematou.

0.17731690406799