O concerto solidario de Sober recadou 3.332,42 euros para as persoas de Ucraína
RibeiraSacraXa
El concierto solidario de Sober recaudó un total de 3.332,42 euros que irán íntegramente destinados a personas de Ucrania.
1 Abr 2022
O pasado 26 de marzo o Concello de Sober colaborou, no marco do Mes do Amandi, co concerto solidario coas vítimas de Ucraína. Nel, actuaron Os Parentes e DJ Nacho Morales e Elías Vieira, co fin de recadar fondos que irán destinados integramente a familias ucraínas.
Os veciños e veciñas de Sober mostraron a súa solidariedade o pasado sábado na Praza do Toural onde puideron desfrutar da actuación programada, fixeron as achegas que irán destinados ás familias de Ucraína.
A contía total recadada foi de 3.332,42 euros que irán destinados de xeito íntegro ás persoas de Ucraína a través da conta que habilitou a Asociación AGA-Ucraína.
O concerto forma parte das actividades enmarcadas no Mes do Amandi.