O Concello de Ribas de Sil acolle os obradoiros de lecer e tempo libre para nenos e nenas de 3 a 14 anos
RibeiraSacraXa
O Concello de Ribas de Sil acolle os obradoiros de lecer e tempo libre para nenos e nenas de 3 a 14 anos durante os meses de verán
3 Xul 2023
Comezan os obradoiros de lecer e tempo libre no Concello de Ribas de Sil para nenos e nenas de 3 a 14 anos en horario de 08.30 a 15.00 horas organizadas polo Concello de Ribas de Sil.
As actividades planificadas para este ano baséanse en xogos, actividades deportivas e medioambientais, actividades sobre a reciclaxe, saídas á praia fluvial de San Clodio, entre outras.
Ademais, estas actividades contan coa colaboración da entidade Xeoparque Montañas do Courel, que colaborará nalgunha saída para coñecer mellor a contorna do municipio.
As familias interesadas en apuntar aos seus fillos a estas actividades poderán facelo en quendas dunha semana, dunha quincena, dun mes ou de máis dun mes con tarifas desde 1o ata 30 euros.