O Concello de Quiroga organiza unha viaxe para asistir a unha función do Centro Dramático Galego

RibeiraSacraXa
Terá lugar o vindeiro 19 de outubro e será a Santiago de Compostela, onde as persoas participantes poderán desfrutar da obra 'Terceiro Acto'
Concello-de-Quiroga
19 sep 2024

O Concello de Quiroga, a través das Concellerías de Servizos Sociais e Normalización Lingüística, ten programada unha viaxe a Santiago de Compostela o sábado 19 de outubro para asistir a unha función do Centro Dramático Galego.

A obra que se representará, 'Terceiro Acto', é un dos espectáculos da programación do 40o aniversario do Centro Dramático Galego que complementa esta oferta teatral cun 'Programa de Mobilidade'; cumprindo co obxectivo de achegar as súas producións ao público de toda Galicia, ofrecendo o desprazamento de balde. O Concello de Quiroga dispón de 15 prazas.

Desta maneira, o autobús sairá da Casa da Cultura sobre as 10.00 horas e a función terá lugar no Salón Teatro de Santiago de Compostela ás 18.00 horas.

Durante o tempo libre ata a hora da función os participantes farán unha visita ao casco vello da cidade e comerán pola zona. A comida pode ser en grupo ou ben cada un pola súa conta.

As persoas interesadas en participar deben anotarse no Centro Social, ou ben chamar ao teléfono 982 435 098, antes do 30 de setembro.

0.1304919719696