O concello de Pantón acolle o V Concurso fotográfico de Nadal de Segredos de Pantón

RibeiraSacraXa
O concello de Pantón acolle ata o 31 de decembro o V Concurso fotográfico de Nadal da man da asociación Segredos de Pantón
nadal
2 Dec 2022

Os participantes terán ata o 31 deste mes para entregar o seu traballo e formar parte do V Concurso fotográfico de Nadal que organiza a asociación Segredos de Pantón.

Esta iniciativa que xurde para poñer en marcha a imaxinación de xente de tódalas idades, recollerá fotografías que reflictan as paisaxes outonais e invernais de Pantón de calquera tipo pero sempre que sexan do noso concello.

Pode participar calquera persoa amante de Pantón e da fotografía, os menores deberán de ter unha autorización correspondente dos seus titores legais.

Cada participante poderá enviar só unha imaxe en cor, que deberá de ser de autoría propia e non pode estar xa premiada. Xa que de ser así quedaría automaticamente fóra do concurso.

A temática será libre, non se aceptarán fotografías pintadas ou manipuladas, montaxes, nin collages e para realizar o envío das fotos, poderanse remitir ó correo electrónico segredosdepanton@gmail.com ou por whatsapp ó teléfono 662 669 223. Indicando o nome da fotografía o lugar e o nome da parroquia onde foron sacadas.

O prazo de envío das imaxes rematará o 31 de decembro e o 6 de xaneiro ás 17.00 horas rematará o prazo de votación. O xurado será a propia xente que vote no Doodle para que todo o mundo con redes sociais ou sen elas poida participar na mesma.

Tódalas imaxes serán subidas ao álbum II Concurso fotográfico de Nadal de Segredos de Pantón e as 3 instantáneas con máis votos serán as agraciadas. De ter un empate serán os membros do colectivo Segredos de Pantón que desempatarán.

O primeiro premio será unha cesta cunha estancia e unha experiencia agroturística en Fogar do Pumar, un paseo en zodiac para dúas persoas de Turismo Pantón, dous botes de mel do Noso Mel, unha mochila de pic-nic de Arribeirados, un lote de produtos de Casa da Fonte, un pixama de Rosal Moda e unha masaxe de Noelia Sánchez-Quiromasaxista e adestradora persoal, un vale de 50 euros para La Moderna, un lote de decoracións artesanais de Felt Decor, 1 bote de mel  de O Garuleiro e 2 botellas de Adega Sernande.

O segundo premio incluirá unha noite para dúas persoas con almorzo na Rectoral de Castillón, un bote de marmelada e unha salsa picante de Tutta Fruta, unhas luvas de Rosal Moda, unha botella de Alma das Donas, unha botella de Adega Sernande, unha carteira de Asesoría O Castro, un bote de mel de Mel da Caseira, un vale para un xogo para 6 persoas en El secreto del monje, un bote de mel de Ouro das Obreiras e unha masaxe de Noelia Sánchez-Quiromasaxista e adestradora persoal.

E por último, o terceiro premio incluirá unha estancia para dúas persoas no Ecolagar O Barqueiro, unha mochila de algodón de Teresa Lamela, un lote de produtos de cosmética natural de O fogar dos soños, un paraugas e unha bufanda de Rosal Moda, unha botella de Alma das Donas, un bote de mel de Mel da Caseira, un libro de Estudio Gnomo, un lote de produtos de Pantón (viño, embutidos, doces e zumes) de Xestogal SCG, un bote de mel de Ouro das Obreiras e unha masaxe de Noelia Sánchez-Quiromasaxista e adestradora persoal.

Cartaz Concurso fotográfico 2021
0.20342898368835