O Concello de Monforte segue sumando actividades no seu Programa do Verán Cultural
Dentro do Programa do Verán Cultural do Concello de Monforte, celébrase este sábado, 10 de agosto, unha gala de maxia na praza de España, a partir das 22.30 horas, coas actuacións do Mago Rafa, Dani Polo e o Mago Iago.
Ademais, no programa de Verán Cultural terá lugar a Exposición de Carteis do XXIX do Concurso de deseño de carteis das Festas Patronais ata o 24 de agosto, a Festa da Empanada de Ribasaltas o 18 de agosto e a XXV Feira do Libro de Monforte, do 21 ao 24 de agosto.
Ademais, do 19 de agosto ao 4 de setembro desenvolverase o Ciclo de Concertos de Grupos de Monforte na Praza da Compañía, a Praza da Estación e a Praza de España. Así, o luns día 19 de agosto será o de Galga Blues Band ás 22.30 horas, o de Vera Lynn ás 23.45 horas e o de Bela Chaos ás 01.00 horas na Praza de España. Pola súa parte, o martes 20 de agosto será a quenda de Dinosaurios ás 22.30 horas e de Doc Magoo´s ás 00.00 horas na Praza da Compañía. Xa o mércores, virá El Mundo de Sofía Band ás 22.30 horas e The Poet`s Silence ás 00.00 horas na Praza da Estación. Rematando, o xoves 22 Diana Tarín e Gonzalo Herrero actuarán ás 22.30 horas e Movilla y los Irrepetibles ás 00.00 horas na Praza da Compañía. En setembro, o día 3 estará en Monforte Deloreans ás 22.30 horas e El Tarot de Toth ás 00.00 horas na Praza de España; e o mércores 4 estará Entrecordas ás 22.30 horas. Cerodouscero ás 23.45 horas e Los Jinetes del Trópico ás 01.00 horas na Praza da Estación.
Tamén terá lugar o III Encontro de Palilleiras do Concello de Monforte e o XXIII Festival de Habaneras, ambos eventos o sábado 7 de setembro; a Xornada Europea da Cultura Xudía, o domingo 1 de setembro e a Festa do San Mateo o sábado 21 de setembro, que pechará o Programa Cultural de Verán.