O Concello de Monforte sacou a licitación varios postos da Praza de Abastos

RibeiraSacraXa
O Concello de Monforte publicou na Plataforma de Contratación a licitación para a explotación dos postos 2, 3, 5 e 9 da Praza de Abastos, mediante procedemento aberto e tramitación ordinaria ata o 13 de outubro de 2023, aínda que as mesas de contratación terán lugar o 16 e o 23 de outubro.
Praza de Abastos Monforte
1 Out 2023

O Concello de Monforte publicou na Plataforma de Contratación a licitación para a explotación dos postos 2, 3, 5 e 9 da Praza de Abastos, mediante procedemento aberto e tramitación ordinaria ata o 13 de outubro de 2023, aínda que as mesas de contratación terán lugar o 16 e o 23 de outubro.

A licitación ten por obxecto a concesión da explotación de ditos postos, por un período de 5 anos, prorrogables 5 anos máis e os postos dos que sae a licitación a súa explotación teñen diferentes características:

  • Posto 2: Posúe unha superficie aproximada de 13,60 metros cadrados e as actividades a desenvolver nel serán as relativas á comercialización de produtos destinados á alimentación humana, tanto  envasados como a granel, sempre que non sexa incompatible dende o punto de vista hixiénico- sanitario, coa actividade desenvolvida nos postos lindeiros.
  • Posto 3: Posúe unha superficie aproximada de 13,55 metros cadrados as actividades serán as mesmas que no anterior.
  • Posto 5: Posúe unha superficie aproximada de 17 metros cadrados e as a desenvolver nel serán as relacionadas coa venda directa de produtos de froitería e verduras.
  • Posto 9: Posúe unha superficie aproximada de 23,60 metros cadrados e as actividades que se desenvolverán son as relacionadas coa venda directa de produtos de peixaría.
0.11287999153137