O Concello de Monforte contará cunha pantalla xigante na Praza Campo de San Antonio

RibeiraSacraXa
Este domingo, a veciñanza de Monforte poderá desfrutar da final da Eurocopa nun ambiente festivo ao aire libre
praza-San-Antonio-de-Monforte
12 Jul 2024

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, vén de anunciar que a capital da Ribeira Sacra poderá desfrutar da final da Eurocopa nunha pantalla xigante con un tamaño de 6 x 3 metros, que o Concello instalará na Praza Campo de San Antonio.

Tal e como explicou o rexedor, a intención é que os afeccionados da Roxa poidan ver en directo a final entre España e Inglaterra que se celebrará este domingo día 14 de xullo ás 21.00 horas.

Con esta iniciativa, tal e como explica Tomé, “a partir das nove da noite do domingo, a Praza Campo de San Antonio converterase nun punto de encontro para os afeccionados de fútbol que desexen ver á selección española no partido final do torneo europeo”.

Tomé explicaba que “este tipo de competicións son das que se desfrutan con familiares e amigos e a instalación dunha pantalla xigante, danos a posibilidade de que todos os veciños poidamos ver xuntos esta competición deportiva de carácter internacional e si a sorte acompaña, desfrutar xuntos tamén do éxito da selección española”.

Ademais, dixo que "esta non é a primeira vez que tivo intención de levar a cabo unha iniciativa desta índole, pero para que resulte factible é importante que as condicións climatolóxicas acompañen e pola época na que estamos, con temperaturas que invitan a estar na rúa, e a gran cantidade de afeccionados que ten a nosa selección, parece ser unha oportunidade idónea para que os veciños desfruten xuntos dunha competición tan importante".

Unha vez mais, Tomé insiste en poñer en valor a importancia de fomentar que a xente practique deporte, sobre todo a xente máis nova, porque tal e como explica “axuda a crear hábitos saudables, a ter disciplina, a facer cousas en equipo, a asumir a derrota sen frustración e a desfrutar dos éxitos resultado do traballo diario”.

Así, o alcalde monfortino anima a todos os veciños e veciñas a que o domingo se acheguen á Praza de San Antonio e que xuntos poidan desfrutar da que espera será unha noite histórica da nosa selección, á que lle desexa toda a sorte que necesite para facernos pasar outra xornada inolvidable.

O dispositivo de seguridade activado polo Concello aconsella que, na medida do posible, non se acuda en coche ata a mesma Praza. A Policía Local controlará o tráfico na zona e no caso de que a afluencia de veciños o requira, procederase ó corte de circulación nas inmediacións do Concello.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18321800231934