O Concello de Monforte concede 8.000 euros en axudas a entidades e asociacións sen ánimo de lucro

RibeiraSacraXa
En concreto, outorgóuselle un importe de 2.000 euros ás asociacións monfortinas Agora, Afamon, Auxilia e Albores
casa-concello-monforte
19 Xul 2024

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, informa que o Equipo de Goberno aprobou, na Xunta de Goberno celebrada o pasado 15 de xullo, a concesión de 8.000 euros en axudas a entidades e asociacións sen ánimo de lucro, inscritas no Rexistro Municipal de asociacións, que desenvolven actuacións no ámbito dos servizos sociais e da inclusión social no Concello de Monforte, durante o exercicio 2024.

En concreto, outorgóuselle un importe de 2.000 euros ás asociacións monfortinas Agora, Afamon, Auxilia e Albores, cantidade que lle foi concedida en base ó seu proxecto e segundo as bases establecidas para estas subvencións que ano a ano convoca o rexedor, sensible coas necesidades das mesmas.

“Con estas axudas” sinala o rexedor monfortino, “dende o Goberno municipal facilitamos facilitar a estas entidades recursos para a inclusión social, para garantir a autonomía persoal e para brindar oportunidades sociais e educativas, así coma axudar a previr a aparición de dependencia, desigualdade ou desprotección a aquelas persoas máis vulnerables”.

Esta liña de axudas posta en marcha ano a ano polo Executivo de José Tomé busca fomentar e apoiar o desenvolvemento de proxectos complementarios de servizos sociais comunitarios de entidades de iniciativa social, previamente inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións, atendendo ó seu interese social, calidade, carácter innovador e articulación efectiva coa oferta pública de servizos sociais comunitarios.

0.14347004890442