O Concello de Monforte celebra a súa XXII Mostra de Panxoliñas

RibeiraSacraXa
O Concello de Monforte celebra a súa XXII Mostra de Panxoliñas o xoves 15 de decembro organizado polos centros educativos do municipio
Cartel 22ª Mostra de Panxoliñas Centros Educativos Monforte 2022
Cartel 22ª Mostra de Panxoliñas Centros Educativos Monforte 2022
14 Dec 2022

Un ano máis, o Concello de Monforte celebra este xoves, 15 de decembro, a XXII Mostra de Panxoliñas para Centros de Ensino do Concello de Monforte de Lemos, organizada pola Concellería de Cultura.

Nenas e nenos de diferentes centros educativos da cidade interpretarán composicións musicais de Nadal no Edificio Multiusos ás 18:00 horas co fin de espertar, un ano máis, a afección ao canto coral e á música entre os cativos do municipio.

A última edición deste certame foi en 2019, e por mor da pandemia da Covid-19, non se puido volver celebrar ata o presente ano.

Nesta vixésimo segunda edición os centros de ensino participantes son o Colexio PP. Escolapios, a Fundación Educativa Torre De Lemos e o Colexio P. Ferroviario.

Cartel 22ª Mostra de Panxoliñas Centros Educativos Monforte 2022
0.19816398620605