O Concello de Bóveda recibirá o servizo 'Coidados porta a porta' en febreiro
RibeiraSacraXa
'Coidados Porta a Porta', o programa de servizos para as persoas maiores de 55 anos da Xunta de Galicia, estará no concello de Bóveda durante o mes de febreiro, os días 20, 22 e 23.
21 Xan 2023
'Coidados Porta a Porta', o programa de servizos para as persoas maiores de 55 anos da Xunta de Galicia, estará no concello de Bóveda durante o mes de febreiro, os días 20, 22 e 23.
Unha unidade móbil desprazarase á localidade e instalarase na Praza da Filgueira para ofrecer servizos de audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria de xeito gratuíto a maiores de 55 anos.
Pódese pedir cita previa nos números 622 748 283 ou 623546992 e por medio do correo electrónico: coidadosportaaporta.