O Concello da Pobra do Brollón organiza un acto de homenaxe a Antonio Reboiro
RibeiraSacraXa
O Concello da Pobra do Brollón celebrará unha homenaxe a Antonio Reboiro o vindeiro sábado 14 de outubro.
10 Out 2023
O Concello da Pobra do Brollón celebrará unha homenaxe a Antonio Reboiro o vindeiro sábado 14 de outubro.
A xornada comezará ás 11.30 horas cun acto na Casa do Concello. Posteriormente, inaugurarase a placa e continuará a homenaxe da man do arqueólogo Xurxo Ayán e da poeta e ensaísta Olga Novo.
Esta iniciativa lévase a cabo para pór en valor a figura de Antonio Reboiro, alcalde republicano da Pobra do Brollón asasinado no ano 1938. O concello, baixo a alcaldía de Xosé Lois Maceda, xa aprobou en pleno nomear a biblioteca municipal en honor a este político de transcendencia para a vila.