O Concello da Pobra do Brollón ofrece actividades de conciliación familiar para este curso

RibeiraSacraXa
O servizo ofrécese de luns a venres, en horario á saída do colexio de 15.45 a 17.45 horas
conciliación-nenos-A-Pobra-do-Brollón
5 Out 2024

O Concello da Pobra do Brollón ofrece actividades de conciliación familiar para as nenas e nenos da Pobra do Brollón durante o curso escolar 2024-25.

O servizo ofrécese de luns a venres, en horario á saída do colexio de 15.45 a 17.45 horas e as actividades son lúdicas e socioeducativas, incluíndo dous días de actividades deportivas.

Desta maneira, as familias poderán desfrutar deste servizo gratuíto do que poderán dispoñer con prioridade as nenas e nenos empadroados na Pobra do Brollón.

Para máis información e inscricións, as familias interesandas poden contactar coas oficinas de Servizos Sociais en horario de 9 a 13.00 horas na Casa da Cultura Olga Novo ou no teléfono 982 430 447.

0.15566396713257