O Colexio Infanta Elena e o CEIP Monforte gañadores do Concurso de Beléns de Monforte

RibeiraSacraXa
El Colegio Infanta Elena y el CEIP Monforte ganaron el primer premio del Concurso de Belenes organizado por el ayuntamiento de Monforte.
belen monforte
18 Dec 2021

O Colexio Infanta Elena e o CEIP Monforte foron os gañadores do primeiro premio do Concurso de Beléns convocado polo Concello de Monforte.

O certame foi convocado en novembro e os centros tiñan ata o día 15 de decembro para presentar a solicitude de inscrición.

Despois de que o xurado cualificador do concurso visitara os beléns, decidiu que a relación de premios sería finalmente dous primeiros postos, dous segundos e dous terceiros en lugar de un primeiro, un segundo, un terceiro e tres accésits.

Desta forma foron os beléns do Colexio Infanta Elena e o CEIP Monforte os que obtiveron o máximo premio de 100 euros, en segundo lugar e cun valor de 80 euros quedaron o Colexio PP. Escolapios e o Colexio A Gándara. O terceiro premio foi para Xacas Soc. Coop. Galega-Gardería Infantil e para a Escola de Idiomas cun valor de 50 euros.

Para a elección de gañadores, o xurado tivo en conta a orixinalidade, o traballo e a presentación artística. Establecendo as súas cualificacións segundo o valor da montaxe, da elaboración, dos materiais utilizados, da orixinalidade, do interese etnográfico e da calidade do belén.

0.19579410552979