O Colectivo Vermut organiza unha actividade no barrio dos Chaos de Monforte este domingo

O Colectivo Vermut de Monforte de Lemos organiza para este domingo, 23 de xuño, unha nova actividade aberta a toda a poboación interesada en desfrutar dunha xornada conxunta coa veciñanza.
Trátase dunha iniciativa no marco da celebración do San Xoán, que se desenvolverá no barrio dos Chaos e en colaboración cos veciños do barrio.
Así, as persoas que se acheguen poderán desfrutar dunha sesión vermú entre as 12.00 e as 15.00 horas con Dj La Toña Jackson e Dj Albanta.
Xa pola tarde haberá música en directo, desde as 20.00 horas ás 23.00 horas, da man de Ari, Gargantúa e Bela Chaos, para logo comezar coa queimada e ás 00.00 horas terá lugar o acendido da fogueira e a misa.