O Centro Sociocultural de Bóveda acollerá a concentración do 8M

RibeiraSacraXa
O Centro Sociocultural de Bóveda acollerá a concentración do 8M e a exposición 'Inmarcesibles' continuará aberta
8m Bóveda
7 Mar 2023

O Concello de Bóveda convoca unha concentración no Centro sociocultural para reivindicar o Día da Muller, o 8M.

Así, as participantes levarán banderolas reivindicativas pola discriminaciín das mulleres no ámbito laboral.

Por outra parte, haberá unha exposición informativa da situación laboral da muller en España na Biblioteca Municipal.

Con motivo desta data, mantense a exposición 'Inmarcesibles' do Concello de Sober ata o vindeiro día 17 de marzo, que se pode visitar de luns a venres, de 10.00 a 14.00 horas e de 16.30 a 18.30 horas.

0.12781500816345