O Centro de Interpretación das Covas do Courel abre este domingo e o próximo

RibeiraSacraXa
O centro atenderá aos visitantes en horario de 12.00 a 14.00 horas e o aforo adaptarase á normativa sanitaria en vigor.
courel centro interpretacion covas meiraos 2
26 Mar 2021

O Concello de Folgoso do Courel vén de informar de que o Centro de Interpretación das Covas do Courel, en Meiraos, permanecerá aberto este domingo, 28 de marzo, e o seguinte, o día 4 de abril.

O centro atenderá aos visitantes en horario de 12.00 a 14.00 horas e o aforo adaptarase á normativa en vigor.

O Centro de Interpretación das Covas do Courel, que abriu no ano 2018 nun antigo local social rehabilitado na parroquia de Meiraos, dispón de múltiple información sobre as características, a historia e as curiosidades das cavidades das montañas do Courel.

A través de distintos materiais e tecnoloxías audiovisuais, os visitantes poden ver como se formaron as covas, a distintas especies animais e vexetais que viven nelas ou a descrición do seu valor paleontolóxico e arqueolóxico, entre outros aspectos.

O Centro de Interpretación de Meiraos forma parte da rede de museos e centros de interpretación do Xeoparque Montañas do Courel, no que tamén se inclúe o Museo Xeolóxico de Quiroga ou a Aula de Natureza de Devesa da Rogueira.

0.17358493804932