O CEIP Monte Baliño, en Pantón, conmemora os seus 50 anos de traxectoria

RibeiraSacraXa
O CEIP Monte Baliño, no concello de Pantón, conmemora os seus 50 anos de traxectoria cunha exposición fotográfica
ceip monte baliño panton
29 sep 2022

Membros do CEIP Monte Baliño situado no municipio de Pantón entre os que se atopan tanto profesores, persoal do centro coma alumnos ou tamén pais e nais, atópanse inmersos nun proxecto que busca conmemorar os 50 anos de historia do centro educativo.

O obxectivo é realizar unha exposición fotográfica que consiga amosar o percorrido do CEIP Monte Baliño ao longo de todos estes anos, dende a súa apertura no ano 1972 ata o día de hoxe.

Non só centrándose no propio colexio e en como foron cambiando e evolucionando as súas instalacións (exteriores ou aulas) senón tamén amosando os anos que pasaron nel tódolos seus alumnos nos distintos cursos.

Para iso, dende o concello e a Casa de Cultura de Pantón piden a colaboración de tódolos veciños e veciñas da zona que poidan dispor de material fotográfico. Para levar a cabo devandita exposición e que sexa o máis completa posible.

“Calquera foto será benvida, a poder ser con datas e textos referentes ao momento no que foron tomadas. Aínda que este non é un requisito imprescindible”, afirman dende a Casa da Cultura de Pantón.

Para facer chegar todo este material que posibilitará a celebración da mostra, tanto o CEIP Monte Baliño coma a Casa da Cultura habilitan os seus teléfonos e os seus correos electrónicos.

Para contactar co primeiro deles, o CEIP Monte Baliño pódese realizar unha chamada ao 982 828 215 ou mandar unha mensaxe ao correo electrónico ceip.montebalinho@edu.xunta.gal adxuntando o material solicitado.

Con respecto á Casa da cultura, o teléfono no que se poderá contactar é o 982 456 377 e o seu correo electrónico, culturapanton@gmail.com.

0.15156388282776