O Ceip de San Clodio de Ribas de Sil acolleu unha xornada de primeiros auxilios e prevención de incendios

RibeiraSacraXa
Desde o centro educativo agradecen a alumnado, profesorado e familiares a participación
primeiros-auxilios-Ribas-de-Sil
16 Xuño 2024

O Ceip de San Clodio de Ribas de Sil acolleu unha xornada de primeiros auxilios e prevención de incendios organizada polo Concello de Ribas de Sil e impartida por Miguel Angel Arca Bello, docente da Academia Galega de Seguridade Pública, xefe de dotación do Parque de Bombeiros de Santiago e técnico en Emerxencias Sanitarias.

Ademais, este profesional tamén estivo acompañado de Fran, membro do GES de Lalín, en colaboración coa Agrupación de Voluntarios de Ribas de Sil.

Desde o centro educativo agradecen a alumnado, profesorado e familiares a participación e esperan que a xornada fose "positiva e gratificante".

0.20048403739929