O casco vello da Pobra do Brollón vén de ser mellorado con obras financiadas polo Concello e a Deputación
RibeiraSacraXa
O Concello da Pobra do Brollón informa de que están a mellorar as rúas do casco vello do municipio, a través da humanización e embelecemento deste lugar emblemático da vila.
22 Abr 2024
O Concello da Pobra do Brollón informa de que están a mellorar as rúas do casco vello do municipio, a través da humanización e embelecemento deste lugar emblemático da vila.
Así, os veciños e veciñas da Guimaralia xa poden desfrutar das novas lastras e varandas da rúa da Igrexa, da rúa Central e da Praza da Condesa, por onde poderán circular observando as melloras feitas.
Estas obras son financiadas polo Plan Único da Deputación de Lugo cunha achega do Concello da Pobra do Brollón, co fin de seguir mellorando a vida das persoas que viven no municipio.