O BNG de Monforte pide a creación de parques de Calistenia nas áreas verdes do concello
Desde o BNG Monforte presentarán no pleno unha solicitude para que o concello se comprometa a crear parques de calistenia naquelas áreas verdes recentemente construídas ou noutras nas que se considere.
Desde o BNG explican que esta medida representa unha opción inclusiva, permitindo que calquera persoa, independentemente da súa situación económica, poida acceder a unha forma de exercicio físico regular e de calidade, e destacan os beneficios deste deporte.
Ademais, xustifican que a proposta ten un baixo custo para o concello, , xa que non require máis equipamento que as propias instalacións básicas de barras e estruturas de adestramento, así como un mantemento mínimo en comparación con outras instalacións deportivas, o que os converte nun investimento eficiente para o municipio que, sinalan, son especialmente adecuados para integrar nos espazos verdes de Monforte.